Camiño a Camiño abre as inscricións para o segundo roteiro gratuíto polos montes de Redondela
Quen somos?
Somos un grupo de alumnos do I.E.S Pedro Floriani de Redondela que decidimos abordar o sendeirismo como parte do noso proxecto co obxectivo de promover o patrimonio e fomentar a actividade física ao aire libre na nosa localidade.
Convencidos de que Redondela ten moito que ofrecer, propuxémonos visibilizar as magníficas sendas e percorridos adaptados para camiñar que se atopan na nosa comarca. Queremos que todos os habitantes da nosa comunidade, así como os visitantes, poidan gozar da beleza natural e as paisaxes impresionantes que nos rodean.
Estamos convencidos de que cada paso que damos nestas sendas achégannos máis á nosa historia, cultura e tradicións locais. Cada roteiro convértese nunha xanela aberta cara ao noso pasado e permítenos apreciar a riqueza do noso legado.
A través do noso proxecto, propuxémonos recompilar información detallada sobre cada ruta, incluíndo guías prácticas e folletos informativos que axuden ás persoas para elixir o roteiro que mellor se adapte ás súas preferencias e capacidades.
Así que, se estás a buscar unha forma emocionante e enriquecedora de conectar coa natureza, animámosche a que nos acompañes. Xuntos, poderemos descubrir a beleza oculta de Redondela.
Noticias
Que mellor maneira de gozar destas experiencias que estar ao tanto de todas as estreas? Na nosa páxina mantémoste informado para que non te perdas nin un só detalle e poidas estar entre os primeiros en embarcarche nestas emocionantes aventuras.